Qué fai este programa?
Sirve para facer animacións Gif dunha maneira moi
simple. Unha animación Gif é unha imaxe que está composta de varias
capas, e cando se visualiza vemos a secuencia de esas capas, como si
fose unha secuencia de fotogramas, de ahí que teña o aspecto de
animación.
Dónde podo conseguir o programa?
Na páxina de inicio deste portal, no
apartado de Software. Si non tes ainda a clave de acceso para a
descarga, solicitaa na axuda "FAI CLICK" da páxina de inicio.
Enviaráseche en breve ó teu correo.
Como funciona o programa?
Para empezar debes ter preparada a
secuencia de fotogramas cas que queres facer a animación. O Gif Animator
necesita que as imáxes estén en formato GIF. Podes preparar esas imáxes
en calquer programa de edición de imaxes, do tipo PhotoShop. Como
consellos ten en conta o seguinte:
- As imaxes deben ter todas o mesmo tamaño.
- Deben estar en formato GIF
- A cantidade de imaxes pode ser a que queiras,
pero recomendoche non pasar dunhas 20, porque convírtese nun
traballo moi tedioso.
- Nomea as imaxes con números, de maneira que
che resulte fácil ordenalas. Exemplo: foto01.gif, foto02.gif,
foto03.gif, etc
- Non desesperes, empeza con algo fácil e
despois intenta animacións máis complexas.
Video-Exemplo
No seguinte video podes ver como facer un
gif animado. As imaxes que uso xa as teño feitas antes, para que non
resulte moi largo. Está feito con solo catro imaxes (podes velas abaixo).
Espero que che sexa útil e que non teñas problemas cando fagas os teus
gif animados. Recorda que sempre podes facer consultas e resolver as
tuas dudas dende a páxina de inicio.
|